OmegaT 3.0 - Guía de usuario

Appendix J. Agradecementos

Grazas a todos!

Sexan cales sexan as inconsistencias, omisións ou erros sinxelos que poidas atopar nesta versión, declaro que son todos meus. Porén, este manual non sería posíbel sen a axuda e apoio de moita xente. Grazas explícitas a:

  • Mark Prior: a corrección do meu primeiro borrador foi un acto de amor por OmegaT e a lingua inglesa.

  • Didier Briel: non podería facelo sen a paciente e persistente axuda de Didier coas complexidades de DocBook. Sen mencionar o seu coidado e dilixencia á hora de manter os repositorios intactos e en bo estado.

  • Samuel Murray: polo capítulo introdutorio de «Aprende a usar OmegaT en 5 minutos».

  • Will Helton: a súa lectura final do borrador aforroume un montón de vergoña. Un só pode preguntarse cantos artigos e preposicións poderían faltar sen a súa inestimábel axuda.

  • Jean-Christophe Helary: un agradecemento especial a JC pola súa concisa descrición sobre a execución, parámetros a liña de ordes e outros detalles de OmegaT dos que aínda non teño coñecemento.

  • Por último mais non menos importante: grazas a todos os colaboradores do rastreador de documentación de OmegaT por todas as inconsistencias que atopastes nas versións anteriores da documentación. Sigan co bo traballo!