OmegaT 3.0 - Guía de usuario

Instalar e executar OmegaT

Usuarios de Windows

Descarga do paquete

Ten unha implementación de Java compatíbel co Java 1.6 JRE de Oracle?

  • Si: descargue OmegaT_3.n.n_Windows_without_JRE.exe .

  • Non / Non sei: descargue OmegaT_3.n.n_Windows.exe.

    Este paquete inclúe o Java Runtime Environment de Oracle. Este JRE non interferirá con outras implementacións de Java que poida ter instaladas no seu sistema.

Instalar OmegaT

Para instalar OmegaT, faga dobre clic no programa que descargou.

Ao comezo da instalación pode seleccionar o idioma empregado durante a instalación. Na seguinte xanela pode indicar que o idioma seleccionado será a empregado en OmegaT. Se marca a caixa de verificación correspondente, o ficheiro OmegaT.l4J.ini se modificará para empregar o idioma seleccionado (vexa a seguinte sección para ver máis detalles). Despois de aceptar os acordos da licenza, o programa de instalación lle preguntará se desexa crear un cartafol no menú de inicio , e se desexa crear unha ligazón no escritorio e na barra de inicio rápido. Pode crear estes atallos máis adiante arrastrando OmegaT.exe ao escritorio ou ao menú de inicio para ligalo desde aí. A última xanela lle ofrece a posibilidade de ver o ficheiro léame e os ficheiros de cambios da versión que instalou.

Executar OmegaT

Unha vez que teña OmegaT instalado, pode facer clic en OmegaT.jar para inicialo directamente ou pode inicialo directamente desde a liña e ordes.

O modo máis sinxelo de iniciar OmegaT, porén, é executar o programa OmegaT.exe As opcións para o inicio do programa neste caso se lerán dende o ficheiro OmegaT.l4J.ini , que está no mesmo cartafol que o ficheiro exe e que pode editar para reflectir o seu inicio. O seguinte exemplo dun ficheiro INI reserva 1GB de memoria, pide francés como o idioma de usuario e Canadá como o país:

# Configuración de inicio de OmegaT.exe  # Para empregar un parámetro, elimine o '#' antes do '-' # Memoria -Xmx1024M # Idioma -Duser.language=FR # País -Duser.country=CA

Actualizar OmegaT

Esta información só se aplica para as versións «tradicionais» de OmegaT para Windows. Non se aplica ás versións Web Start, que se actualizan automaticamente, nin ás versións doutra plataforma instaladas en Windows.

Se xa ten unha versión de OmegaT instalada no seu PC e desexa actualizala a unha versión máis recente, ten dúas opcións:

  • Instalar sobre a instalación existente. Para facer isto, simplemente ten que seleccionar o mesmo cartafol de instalación que o da instalación existente cando instale a nova versión. A versión antiga de OmegaT será sobrescrita, mais calquera configuración se manterá. Isto inclúe as preferencias de todo OmegaT, calquera cambio que lle fixese ao ficheiro OmegaT.l4J.ini e tamén ao script de inicio (o ficheiro .bat) se emprega algún.

Con este método, debe descargar a versión «Windows sen JRE», xa que a nova instalación empregará o JRE existente.

  • Instalar nun novo cartafol. Isto permitiralle manter ambas as versións unha a carón da outra, o que pode desexar ata que se sinta cómodo coa nova versión. Este método tamén empregará as preferencias e configuracións que fixese a OmegaT. Porén, neste caso:

    • Se fixo algún cambio ao ficheiro OmegaT.l4J.ini e/ou emprega un ficheiro .bat, debe copiar estes ficheiros.

    • Se a instalación existente de OmegaT é unha versión «Windows con JRE», a nova versión tamén debe ser unha versión «Windows con JRE».

Usuarios de Linux (Intel)

Descarga do paquete correcto

Ten unha implementación de Java compatíbel co Java 1.6 JRE de Oracle?

  • Si: descargue OmegaT_3.n.n_Windows_without_JRE.zip .

  • Non / Non sei: descargue OmegaT_3.n.n_Linux.tar.bz2.

    Este paquete inclúe o Java Runtime Environment de Oracle. Este JRE non interferirá con outras implementacións de Java que poida ter instaladas no seu sistema.

Instalar OmegaT

Extraia o ficheiro descargado. Isto creará un cartafol omegat/ no cartafol activo no que atopará todos os ficheiros necesarios para executar OmegaT. Para extraer o ficheiro .tar.gz :

$ tar xf ficheiro_descargado.tar.gz

Engadir OmegaT ao menú (KDE) ou panel (Gnome)

Usuarios de KDE 4

Pode engadir OmegaT ao menú do seguinte xeito:

  • Prema Alt+F2 para amosar KRunner. Escriba kmenuedit+enter para executar a orde. Aparecerá o KMenuEditor. En KMenuEditor seleccione Ficheiro > Novo elemento.

  • Entón, despois de seleccionar o menú axeitado, engada un submenú/elemento con Ficheiro - Novo submenú e Ficheiro - Novo elemento . Insira OmegaT como nome do novo elemento.

  • No campo «Orde», empregue o botón de navegación ata atopar o script de inicio de OmegaT (o ficheiro nomeado OmegaT no cartafol extraído) e seleccióneo.

  • Faga clic no botón da icona (á dereita dos campos Nome/Descrición/Comentarios)

  • Outras iconas - Navegue ao subcartafol /images no cartafol da aplicación OmegaT. Seleccione a icona OmegaT.png.

  • E por último, garde os cambios con Ficheiro - Gardar.

Usuarios de GNOME

Pode engadir OmegaT ao menú do seguinte xeito:

  • Faga clic dereito no panel e en Engadir novo lanzador.

  • Insira «OmegaT» no campo «Nome»; no campo «Orde», empregue o botón de navegación ata atopar o script de inicio de OmegaT (o ficheiro nomeado OmegaT no cartafol extraído). Seleccióneo e confirme con Aceptar.

  • Faga clic no botón da icona, despois prema Navegar... e vaia ata o subcartafol /images do cartafol da aplicación OmegaT. Seleccione a icona OmegaT.png . Pode que GNOME falle ao amosar os ficheiros de iconas nos formatos dispoñíbeis e inicialmente pareza que espera un ficheiro SVG, mais se se selecciona o cartafol, os ficheiros deberían aparecer e poderá seleccionar OmegaT.png.

Executar OmegaT

Pode iniciar OmegaT desde a liña de ordes cun script que inclúa as opcións de inicio ou pode facer clic en OmegaT.jar para inicialo directamente. Os métodos difiren dependendo da distribución. Asegúrese de que as configuracións de RUTAS son correctas e que os ficheiros . jar están asociados propiamente con iniciador Java. Comprobe «Inicio mediante a liña de ordes» máis adiante para máis información.

Usuarios de Mac OS X

Descarga do paquete

OmegaT 2.6 necesita Java 1.5 para poder executarse. Empregue «Actualizar software...» do menú de Apple para actualizar a súa versión de Java.

Descargue OmegaT_3.n.n_Mac.zip.

Instalar OmegaT

Faga dobre clic en OmegaT_3.n.n_Mac.zip para desempaquetalo. Isto creará un cartafol chamado OmegaT . O cartafol contén dous ficheiros: index.html e OmegaT.app. Copie o cartafol a un cartafol apropiado (por exemplo, Aplicacións). Unha vez feito, pode eliminar o ficheiro OmegaT_3.n.n_Mac.zip , pois non o vai necesitar máis.

Engadir OmegaT ao dock

Arrastrar e soltar OmegaT.app no dock.

Executar OmegaT

Faga dobre clic en OmegaT.app ou faga clic na súa localización do dock.

Pode modificar o comportamento de OmegaT editando as Propiedades así como as OpciónsVM parte do ficheiro Info.plist do paquete.

Para acceder a Info.plist , faga clic dereito en OmegaT.app e seleccione «Amosar o contido do paquete», despois abra o ficheiro facendo clic dereito nel e seleccionando o editor de textos que desexe. Tamén pode empregar «cd» para acceder aquí directamente desde a liña de ordes e abrir Info.plist nun editor de liña de ordes como emacs ou vi.

Se desexa engadir valores a OpciónsVM , poña un espazo entre eles. Por exemplo, -Xmx1024M -Duser.language=ja iniciará OmegaT con 1024MB de memoria e coa interface de usuario en xaponés.

Para iniciar varias instancias de OmegaT.app , faga dobre clic no ficheiro JavaApplicationStub situado en OmegaT.app/ Contents/MacOS/ .

Empregue o ficheiro OmegaT.jar situado en OmegaT.app/Contents/Resources/Java/ para iniciar OmegaT desde a liña de ordes. Comprobe «Inicio mediante a liña de ordes» máis adiante para máis información.

Beneficios de Mac OS X

Os servizos de Mac Os X poden acceder a OmegaT.app . Isto significa que pode seleccionar unha palabra en calquera sitio de OmegaT e empregar os servizos para comprobar esta palabra, por exemplo, en Spotlight ou Google. Tamén pode empregar AppleScript ou Automator para crear servizos ou scripts que automatizarán accións frecuentes

Outros sistemas

Esta información se aplica a sistemas como Solaris SPARC/x86/x64, Linux x64/PowerPC, Windows x64

Descarga do paquete correcto

OmegaT está dispoñíbel cunha versión de Java JRE de Oracle incluída para as plataformas Linux (Intel x86) e Windows. Os usuarios de outras plataformas (Linux PowerPC, Linux x64, Solaris SPARC/x86/x64, Windows x64, etc.) deben ter un Java JRE compatíbel no seu sistema para poder usar OmegaT.

Ten unha implementación de Java compatíbel co Java 1.6 JRE de Oracle?

  • Si: descargue OmegaT_3.n.n_Windows_without_JRE. zip. Este paquete pode usarse en calquera plataforma onde haxa instalado un JRE compatíbel con Java 1.6 JRE.

  • Non sei: abra unha terminal e escriba «java -version». Se devolve unha mensaxe de «orde non atopada» ou similar, significa que non ten Java instalado no seu sistema.

  • Non: consiga un Java JRE para o seu sistema (vexa máis adiante) e descargue OmegaT_3.n.n_Without_JRE.zip .

    Oracle ofrece JREs para Solaris SPARC/x86 (Java 1.6) e para Linux x64, Solaris x64, Windows x64 (Java 1.6) en http://www.oracle.com/technetwork/java/archive-139210.html.

    IBM ofrece JREs para Linux PowerPC en http://www.ibm.com/developerworks/java/jdk/linux/download.htm

    Siga as instrucións de instalación para o paquete que necesite.

Instalar OmegaT

Para instalar OmegaT, simplemente extraia o ficheiro OmegaT_3.n.n_Without_JRE.zip . Isto creará un directorio ./OmegaT_3.n.n_Without_JRE/ no cartafol activo con todos os ficheiros necesarios para executar OmegaT.

Instalar atallos convenientes

Siga as instrucións do seu sistema para instalar atallos de OmegaT en lugares convenientes da súa elección.

Executar OmegaT

Unha vez que teña instalado OmegaT, pode inicialo directamente desde a liña de ordes pode crear un script que inclúa parámetros de inicio para a liña de ordes ou pode facer clic en OmegaT.jar para inicialo directamente. Os métodos difiren dependendo da distribución. Asegúrese de que as configuracións de RUTAS son correctas e que os ficheiros jar están asociados propiamente con iniciador Java. Comprobe «Inicio mediante a liña de ordes» máis adiante para máis información.

Empregar Java Web Start

A tecnoloxía Java Web Start (parte de Java 1.6 e superiores) pode empregarse para executar aplicacións de software Java independentes cun so clic sobre a rede. Java Web Start asegura que se executará a última versión da aplicación, así como que se emprega a versión correcta de Java Runtime Environment (JRE). Para iniciar OmegT por primeira vez con Java Web Start, cargue a seguinte ligazón no seu navegador:

http://omegat.sourceforge.net/webstart/OmegaT.jnlp

Descargue o ficheiro OmegaT.jnlp e faga clic nel. Durante a instalación, dependendo do seu sistema operativo, pode recibir varios avisos de seguridade. Os permisos que dea a esta versión (que pode aparecer como «acceso sen restricións ao computador») son idénticos aos permisos que da á versión local, é dicir, permite o acceso ao disco duro do computador. Máis clics en OmegaT.jnlp comprobarán se hai algunha actualización, as instalará, se hai algunha, e despois iniciará OmegaT. Despois da instalación inicial pode tamén empregar OmegaT.jnlp aínda que non teña acceso á rede.

Privacidade : OmegaT Java Web Start non garda ningunha información máis alá do computador onde o executa. A aplicación só se executa no seu computador. Os seus documentos e memorias de tradución se manteñen no seu computador e o proxecto OmegaT non terá acceso ao seu traballo ou información.

Teña en conta que se necesita ou desexa empregar calquera dos argumentos da liña de ordes (vexa máis arriba), debe empregar a instalación normal.

Iniciar OmegaT desde a liña de ordes

Normalmente, non é necesario iniciar OmegaT desde a liña de ordes. Porén, a alternativa da liña de ordes permite ao usuario controlar e modificar o comportamento do programa. Hai dous modos de iniciar OmegaT desde a liña de ordes.

Abrir unha xanela de liña de ordes.

Unha xanela de liña de ordes tamén pode chamarse «xanela de terminal». En Windows se chama «xanela MS-DOS» e está dispoñíbel desde o menú inicio, dentro de Programas, no elemento «MS-DOS». O equivalente de Mac OS X é a aplicación Terminal situada en Aplicacións > Utilidades.

Para iniciar OmegaT, debe escribir normalmente dúas ordes. A primeira é:

cd {cartafol}

onde {cartafol} é o nome do cartafol, coa ruta completa, no que se localiza o programa OmegaT, especificamente o ficheiro OmegaT.jar . Na práctica, esta orde será algo similar ao seguinte:

En Windows

cd C:\Program Files\OmegaT

En Mac OS X

cd <localización de OmegaT.app>/OmegaT.app/Contents/Resources/Java/

En Linux

cd /usr/local/omegat

Esta orde cambia a localización ao cartafol que conten o ficheiro executábel de OmegaT. A segunda orde é a orde que realmente inicia OmegaT. Na súa forma máis básica, a orde é:

java -jar OmegaT.jar

Poña atención ás maiúsculas e minúsculas (noutros sistemas operativos que non sexan Windows, o programa non se iniciara se escribe omegat en vez de OmegaT ).

O método ten un beneficio particular de ser apropiado para atopar causas de problemas: se se produce algún erro durante o uso do programa, se amosará unha mensaxe de erro na xanela da terminal, que pode conter información útil sobre a causa do erro.

O método anterior é pouco práctico cando o programa se inicia con certa rutina. Por esta razón, as dúas ordes descritas anteriormente están contidas nun ficheiro (un «script», tamén chamado «ficheiro .bat» nos sistemas Widnows).

Cando se executa este ficheiro, as ordes dentro del se executan automaticamente. Consecuentemente, para realizar cambios na orde de inicio, é suficiente con modificar o ficheiro.

Argumentos de ordes de inicio

A orde básica xa se mencionou anteriormente. Os cambios a esta orde significan a adición de «argumentos». Os argumentos se engaden despois do «java» inicial, e antes de "-jar OmegaT.jar" . Teña en conta que en Windows pode cambiar o ficheiro OmegaT.l4J.ini para reflectir as súas preferencias. En Mac OS X, pode cambiar o ficheiro Info.plist , situado en OmegaT.app/Contents/ , para facer o mesmo.

Posteriormente se ofrece unha lista de posíbeis argumentos. Os usuarios avanzados poden obter máis información sobre os argumentos escribindo man java na xanela da terminal.

  • Idioma da interface de usuario.

    -Duser.language=XX Normalmente, cando se inicia OmegaT sen ningún argumento, o programa primeiro detecta o idioma do sistema operativo do usuario. Se hai unha interface de usuario nesta lingua, será a que empregue OmegaT. Así que, se o sistema operativo do usuario está en ruso e OmegaT está localizado ao ruso, a interface de usuario de OmegaT estará en ruso, cos menús en ruso, etc. Se o idioma do sistema do usuario non está dispoñíbel, o idioma predeterminado de OmegaT é o inglés. Este e o comportamento normal.

    O argumento "-Duser.language=XX" fai que OmegaT empregue o idioma especificando en vez de o idioma do sistema operativo do usuario. As «XX» na orde fan referencia ao código de dous caracteres do idioma desexado. Para iniciar OmegaT coa interface en francés (por exemplo, nun sistema operativo ruso), a orde sería:

    java -Duser.language=fr -jar OmegaT.jar

  • País do usuario

    -Duser.country=XX Ademais da lingua, tamén pode especificar o país, por exemplo, XN ou TW no caso da lingua chinesa. Para amosar a guía de inicio rápido no idioma desexado, necesita especificar tanto o idioma como o país. Isto é necesario tanto se só hai unha combinación dispoñíbel, como pt_BR no caso do portugués / brasileiro.

  • Antidistorsión de fontes - (só en Java 1.6)

    -Dswing.aatext=true Este argumento afecta á antidistorsión das fontes, polo que mellora a súa aparencia.

  • Asignación de memoria

    -XmxZZM Esta é a orde que asigna máis memoria a OmegaT. De xeito predeterminado, se asignan 512 MB, polo que non se saca ningunha vantaxe de asignar unha cifra menor. As «ZZ» fan referencia á cantidade de memoria asignada, en megabytes. A orde para iniciar OmegaT cunha asignación de 1024 MB (1 xigabyte)de memoria é o seguinte:

    java -Xmx1024M -jar OmegaT.jar

  • Enderezo IP do servidor proxy

    -Dhttp.proxyHost=nnn.nnn.nnn.nnn A dirección IP do seu servidor proxy, se o seu sistema fai uso dun.

  • Número de porto do servidor proxy

    -Dhttp.proxyPort=NNNN O número de porto que emprega o seu sistema para acceder ao servidor proxy.

  • Google Translate V2

    -Dgoogle.api.key=A123456789B123456789C123456789D12345678 Se está rexistrado para ter acceso aos servizos de Google Translate, insira a súa Google API key privada aquí. Teña en conta que a chave ten 38 caracteres.

  • Microsoft Translator

    Asegúrese de que ten unha conta gratuíta de Microsoft. Necesitará acceder ao Windows Azure Marketplace e empregar o servizo de tradución. Teña en conta que ten ata 2 millóns de caracteres por mes gratis. As dúas entradas requiridas están dispoñíbeis na súa páxina persoal da conta baixo chave da conta principal e identificador de cliente:

    -Dmicrosoft.api.client_id= XXXXXXXX-XXXX-XXXX-XXXX-XXXXXXXXXXXX

    - Dmicrosoft.api.client_secret=XXXX9xXxX9xXXxxXXX9xxX99xXXXX9xx9XXxXxXXXXX=

Os argumentos poden combinarse: para iniciar OmegaT con todos os exemplos descritos anteriormente, a orde sería:

java -Dswing.aatext=true -Duser.language=pt -Duser.country=BR -Xmx1024M -Dhttp.proxyHost=192.168.1.1 -Dhttp.proxyport = 3128 -jar -OmegaT.jar

OmegaT no modo de liña de ordes

O propósito do modo consola é empregar OmegaT como unha ferramenta de tradución nun ambiente de desenvolvemento. Cando se inicia en modo consola, non se carga ningunha interface gráfica de usuario (así que funcionará en calquera consola) e o proxecto dado é procesado automaticamente como se pediu.

Prerrequisitos

Para executar OmegaT en modo de liña de ordes, debe ter presente un proxecto de OmegaT válido. Non importa a localización, xa que ten que engadila á liña de ordes ao inicio de todas formas.

Se necesita configuracións personalizadas, debe ter os ficheiros de configuración dispoñíbeis. Isto pode conseguirse de dous xeitos:

  • Executar OmegaT normalmente (coa interface gráfica de usuario) e especificar a configuración. Se inicia OmegaT en modo consola, empregará a mesma configuración.

  • Se non pode executar OmegaT normalmente (non ten un ambiente gráfico dispoñíbel): copie os ficheiros de configuración de outra instalación de OmegaT de outra máquina a un cartafol específico. A localización non importa, xa que pode engadila na liña de ordes ao inicio. Os ficheiros relevantes son filters.conf e segmentation.conf, que pode atopar no cartafol de inicio do usuario (por exemplo, C:\Documents and Settings\%Usuario%\OmegaT en Windows, %usuario%/.omegat/ en Linux

Inicio en modo consola

Para iniciar OmegaT en modo consola, ten que indicar algúns parámetros extra no inicio. O máis importante é <project-dir>, e opcionalmente --config-dir=<config-dir>. Exemplo:

java -jar OmegaT.jar /ruta/do/proxecto \

--config-dir=/ruta/dos/ficheiros-de-configuración/ \

--mode=console-translate|console-createpseudotranslatetmx|console-align

--source-pattern={regexp}

Teña en conta que todos os parámetros comezan con dobre guión (-).

Explicación:

  • <project-dir> informa a OmegaT de onde atopar o proxecto para traducir. Se é o caso, OmegaT iniciará en modo consola e traducirá o proxecto dado.

  • --config-dir=<config-dir> informa a OmegaT de en que cartafol están gardados os ficheiros de configuración. Se non é o caso, OmegaT volverá aos valores predeterminados (o cartafol de OmegaT no cartafol de usuario ou, se non está dispoñíbel, no directorio actual de traballo. Teña en conta o dobre guión (-).

  • --mode=...- OmegaT inicia en modo consola para levar a cabo un dos seguintes servizos automaticamente

    • --mode=console-translate

      Neste modo, OmegaT intentará traducir os ficheiros en /source/ coas memorias de tradución dispoñíbeis. Isto é útil para executar OmegaT nun servidor que alimente un proxecto de ficheiros TMX automaticamente.

    • --mode=console-createpseudotranslatetmx

      Neste modo OmegaT creará un TMX para todo o proxecto, baseándose so nos ficheiros de orixe. Vostede especifica o ficheiro TMX que será creado con

      --pseudotranslatetmx=allsegments.tmx --pseudotranslatetype=[equal|empty]

      O argumento pseudotranslatetype especifica se os segmentos de destino deben ser iguais aos de orixe ou se se deben deixar baleiros.

    • --mode=console-align

      Neste modo, OmegaT aliñará os ficheiros de propiedades de Java atopados no cartafol /source/ do proxecto cos contidos atopados na localización especificada. A TMX resultante se gardará no cartafol /omegat/ co nome align.tmx.

      Se necesita un parámetro adicional neste caso, que especifique a localización dos datos de destino:

      --alignDir={localización dos ficheiros traducidos}

      alignDir debe conter a tradución do idioma de destino do proxecto. Por exemplo, se o proxecto é EN>FR, alignDir debe conter un final que acabe en _fr. A TMX resultante se gardará no cartafol /omegat/ co nome align.tmx.

  • --source-pattern={regexp}

    Cando se emprega este modo, esta opción especificará os ficheiros a procesar automaticamente. Se o parámetro non se especifica, se procesarán todos os ficheiros. Aí van algúns exemplos típicos para limitar a súa escolla:

    • .*\.html

      Se traduciran todos os ficheiros HTML, teña en conta que o punto de *.html debe escaparse (\.) tal e como especifican as regras de expresións regulares

    • test\.html

      Só se traducirá o ficheiro text.html na raíz do cartafol source. Se hai máis ficheiros chamados test.html noutros cartafoles, serán ignorados.

    • dir-10\\test\.html

      Só se procesará o ficheiro test.html do cartafol dir-10 Teña en conta que a barra invertida tamén está escapada.

  • --output-tag-validation-={regexp}

    Cando se emprega este modo, esta opción especificará os ficheiros a procesar automaticamente. Se o parámetro non se especifica, se procesarán todos os ficheiros. Aí van algúns exemplos típicos para limitar a súa escolla:

    • .*\.html

      Se traduciran todos os ficheiros HTML, teña en conta que o punto de *.html debe escaparse (\.) tal e como especifican as regras de expresións regulares

    • test\.html

      Só se traducirá o ficheiro text.html na raíz do cartafol source. Se hai máis ficheiros chamados test.html noutros cartafoles, serán ignorados.

    • dir-10\\test\.html

      Só se procesará o ficheiro test.html do cartafol dir-10 Teña en conta que a barra invertida tamén está escapada.

  • --tag-validation=[abort|warn] outputFileName

    Esta opción permite a validación de etiquetas en modo de lotes. Se se selecciona abort , a validación de etiquetas se deterá no primeiro segmento non válido. Se se especifica warn, a validación de etiquetas procesará todos os segmentos e escribirá notas de atención sobre os segmentos con etiquetas non válidas dentro do ficheiro especificado.

  • -no-team trata a preparación dos proxectos para o traballo en equipo. Empregar se OmegaT non sincroniza os contidos do proxecto

  • --disable-project-locking permite, en Windows, abrir o mesmo proxecto en diferentes instancias de OmegaT. De xeito predefinido, en Windows, omegat.projectestá bloqueado e aparecerá unha mensaxe de erro cando abra un proxecto que xa estea aberto noutra instancia de OmegaT. Con esta opción, non sucede ese bloqueo.

Opción silenciosa.

Un parámetro da liña de ordes extra específico para o modo consola: --quiet. En modo silencioso, se amosa menos información no monitor. As mensaxes que atoparía normalmente nas barras de estado non se amosarán.

Emprego: java -jar OmegaT.jar /ruta/do/proxecto --mode=console-translate --quiet

Opción de validación de etiquetas

Outro parámetro da liña de ordes extra específico para o modo consola: --tag-validation=[abort|warn]. Cando se engade este parámetro, a validación de etiquetas se realiza antes que a tradución/aliñación. Se o valor é abort, entón se amosarán os errores de etiquetas e o programa se deterá. Se o valor é warn entón se amosarán os erros mais OmegaT continuará.

Emprego: java -jar OmegaT.jar /ruta/do/proxecto --mode=console-translate --tag-validation=abort

Construír OmegaT desde o código fonte

Teña en conta que necesitará o programa ant ( http://ant.apache.org/bindownload.cgi ) para construír a súa propia versión de OmegaT. Extraia o ficheiro OmegaT_3.n.n_Source.zip e entre no cartafol OmegaT_3.n.n_Source ou o directorio ./omegat/ do código SVN. Asegúrese de que o ficheiro build.xml está presente no cartafol. Entón, escriba desde a liña de ordes:

$ ant jar release

Isto creará unha distribución enteira de OmegaT no cartafol ./dist/, onde atopará todos os ficheiros necesarios para executar OmegaT.