OmegaT 3.0 - Guía de usuario

Editar comportamento...

O diálogo en OpciónsEditar comportamento... permite que o usuario seleccione como se inicia e comporta o campo de edición do segmento activo:

Figure 12. Opcións de edición de comportamento
Opcións de edición de comportamento

A tradución dos ficheiros lévase a cabo cun desprazamento de segmento a segmento, editando de cada vez un deles. Cando se move entre os segmentos, pode desexar que o programa insira no campo de edición unha tradución xa feita como una tradución parcial ou co texto de orixe. En OpciónsEditar comportamento... OmegaT ofrécelle as seguintes alternativas:

O texto orixe

Pode facer que se insira automaticamente no campo de edición. Isto é útil para textos que conteñan moitas marcas rexistradas ou outros nomes propios que non deben modificarse.

Deixar o segmento baleiro

OmegaT deixará o campo de edición en branco. Esta opción permite ao usuario inserir a tradución sen necesidade de eliminar o texto de orixe, aforrando así dous combinacións de teclas ( Ctrl+A e Suprimir) Non se permiten traducións baleiras. Amósanse como <EMPTY> no editor. Para crear unha, faga clic dereito nun segmento e seleccione « Estabelecer tradución baleira ». A entrada Eliminar tradución no mesmo menú emerxente tamén permite eliminar a tradución existente do segmento activo. Pode conseguir o mesmo limpando o segmento de destino e premendo Enter.

Inserir a mellor coincidencia parcial

OmegaT inserirá a tradución da cadea máis similar ao segmento de orixe actual se o limiar de similitude supera o que vostede estabeleceu neste diálogo. O prefixo (predeterminado coma baleiro) pode empregarse para etiquetar as traducións inseridas como coincidencias parciais. Se engade un prefixo (por exemplo [parcial]), pode localizar as traducións máis tarde para ver se son correctas.

As caixas de verificación na parte inferior da ventá serven para o seguinte:

Intentar converter os números cando se insira unha coincidencia parcial

Se se verifica esta opción, cando se insira unha coincidencia parcial, tanto manualmente coma automaticamente, OmegaT intentará converter os números nas coincidencias parciais segundo o contido do segmento de orixe. Hai un número de restricións:

  • O segmento de orixe e as coincidencias parciais teñen que conter a mesma lista de números

  • Os números deben ser exactamente os mesmos entre as coincidencias de orixe e de destino.

  • Só se terán en conta os números enteiros e decimais simples (empregando o punto coma carácter decimal, é dicir, 5.4, mais non 5,4 ou 54E-01).

Permite que a tradución sexa igual á cadea orixinal

Os documentos a traducir poden conter marcas rexistradas, nomes ou outros nomes propios que non cambiarán nos documentos traducidos. Hai dúas estratexias a seguir para os segmentos que conteñan só texto invariábel.

Pode decidir non traducir este tipo de segmentos. OmegaT identificará estes segmentos como non traducidos. Esta é a opción predeterminada. A alternativa é inserir unha tradución que sexa idéntica ao texto de orixe. OmegaT pode recoñecer que vostede fixo isto. Para que isto sexa posíbel, vaia a OpciónsEditar comportamento... e marque a caixa de verificación correspondente a Permitir que a tradución sexa igual á cadea orixinal .

Exportar o segmento a ficheiros de texto

A función de exportación de texto exporta os datos do proxecto de OmegaT actual a ficheiros de texto plano. Os datos expórtanse cando se abre o segmento. Os ficheiros aparecen no subcartafol /script no cartafol de ficheiros de usuario de OmegaT, e inclúen:

  • O contido dos segmentos do texto orixinal (source.txt).

  • O contido dos segmentos do texto traducido (target.txt).

  • O texto destacado polo usuario, cando preme Ctrl+Shift+C ou cando selecciona Editar > Exportar selección (selection.txt).

O contido dos ficheiros sobrescribirase tanto cando se abra un novo segmento (source.txt e target.txt) como cando se exporte unha nova selección (selection.txt). Os ficheiros son ficheiros de texto plano sen formato. Todo o proceso pode dirixirse e controlarse mediante un script baseado en Tck/Tcl. Vexa Como empregar a función de exportación de texto de OmegaT para información máis específica, exemplos e suxestións.

Ir ao seguinte segmento sen traducir detense cando hai polo menos unha tradución alternativa.

Se quere evitar calquera erro de tradución en segmentos con varios posíbeis contidos de destino, marcar esta caixa de verificación fará que a función Ir ao seguinte segmento sen traducir se deteña no seguinte segmento con esas características, sen ter en conta se xa se traduciu ou non.